Conservatorio Profesional de Música de Lugo

Demo image Como directora deste centro educativo, quero darvos a benvida a esta páxina web, fiestra virtual ao mundo do Conservatorio Profesional de Música de Lugo, e punto de información para toda a súa comunidade educativa. Páxina que pretende trascender o meramente institucional, sen esquencelo, para convertirse asimesmo en reflexo do imprescindible dinamismo académico do centro, e da súa complexidade como centro formativo. Entre as súas seccións, poderedes atopar dende a súa organización interna ata ligazóns de interese vencelladas co día a día do Conservatorio, pasando por un memorándum actualizado das actividades programadas ou o acceso aos recursos académicos.

Esta páxina non é un proxecto pechado, antes ó contrario. É un punto de partida dun proxecto virtual dinámico e aberto: dinámico porque irémolo completando pouco a pouco, incluíndo novos contidos e mellorando e optimizando os que xa están dispoñibles; e aberto porque agardo que moitas das súas ampliacións e melloras se fagan a partires das suxestións que os diferentes membros da comunidade educativa se realicen.

Benvid@s.

Important! Concerto de JAZZ

O Conservatorio Profesional de Música de Lugo ten o placer de convidalos ao concerto organizado polo departamento de Fundamentos de Composición que terá lugar o VENRES 4 de MAIO de 2012 ás 18:00 no Auditorio do CMUS Prof. de Lugo e que contará coa participación dun grupo de profesores e alumnos do Departamento de Jazz do Conservatorio Superior de Música de A Coruña.

Teñen máis información nos carteis do taboleiro de anuncios do centro.

Publicación da semana
A súa opinión conta...

Este ano a páxina web do Conservatorio está a sufrir continuos cambios que esperamos sexan do agrado e para ben de toda a comunidade educativa.É

É por isto que pomos á disposición dos usuarios desta web, unha dirección de correo electrónico (ticcmuslugo@gmail.com) onde poderán deixar as súas suxestións para a mellor funcionalidade desta páxina.



Actividades e Concertos
Próximo mes